mércores, 17 de abril de 2024

“ COÑECEMOS A NOSA BICICLETA E MOVÉMONOS NO NOSO ENTORNO”

       O concello de Ares ofreceu aos nenos e nenas de sexto unha actividade moi interesante cos seguintes obxectivos:

·         Coñecer as partes dunha bicicleta. Axustes e arranxos básicos.

·         Explorar o entorno máis próximo do centro escolar, desprazándonos en bicicleta.

Na sesión práctica aprenderon aspectos como engrasar unha cadea, apretar e regular freos, cambiar a cuberta ou cámara e inflado axeitado, axustar o sillín e o manillar. Tamén un repaso das normas viarias a ter en conta tales como sinalizar manobras, etc. 

martes, 30 de xaneiro de 2024

CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 

    Este curso, por segunda vez, a Xunta de Galicia organizou por medio do programa XOGADE un campo a través intercentros no Estadio Municipal de Río Seco de Narón. 

    Foi unha bonita experiencia na que o alumnado compartiu unha xornada deportiva e de convivencia con outros centros da contorna. Velaí vos deixamos un vídeo. 

  


 

        A continuación podedes ver a clasificación final. 

 



xoves, 7 de setembro de 2023

ACTIVIDADES DE FINAL DO CURSO 2022-2023

CAMPIONATOS INTERCOMARCAL E PROVINCIAL DE TENIS DE MESA.


ORIENTACIÓN POLA VILA.
O alumnado do 3º ciclo gozou dunha xornada de orientación promovida polo concello de Ares na que a rapazada tivo que buscar unhas balizas distribuídas por unha zona concreta. En cada baliza aparecía escrita unha sílaba e, unha vez completada a búsqueda, o reto final consistiu en formar a seguinte frase en latín: SOL LUCET OMNIBUS (el sol luce para tod@s). Esta frase ten un significado especial para o colexio pois é a que aparecerá inscrita nun reloxo de sol que nos cede a "Asociación de Amigos del Monasterio de Santa Catalina de Montefaro".

 

DEPORTES NÁUTICOS
Como todos os anos, e como corresponde nunha vila costeira, o alumnado do 3º ciclo participou nunha actividade deportiva de toma de contacto con algúns dos deportes náuticos que se practican no noso concello.
 

luns, 24 de abril de 2023

A BAILAR!

 Non todo van ser deportes...

Así que aquí vos deixo o baile que imos facer infantil e primaria na FEIRA ANUAL DAS MIRANDAS.A PRACTICAR!!!

xoves, 13 de abril de 2023

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS DE COLEXIOS

    O pasado 17 de marzo, tivo lugar o Capionato de campo a través provincial no que participou o alumnando clasificado na fase anterior.

    Este evento deportivo tivo lugar no Clube de Campo de Ferrol e foi organizado polo Servizo de Deportes da Coruña, o concello de Ferrol, a A.D. "El Castillo", a Federación Galega de Atletismo e o Clube de Campo de Ferrol.

    No noso centro clasificaron 5 nenas e 3 nenos, aínda que unha das nenas non poido participar. Foi unha xornada moi emocionante e motivadora para estes atletas que, a pesar de que o tempo non nos acompañou, fixérono estupendamente.


NO SEGUINTE ENLACE PODEDES CONSULTAR A CLASIFICACIÓN:

 

venres, 31 de marzo de 2023

CARREIRA SOLIDARIA

 Un ano máis, e xa van doce , o noso colexio como Centro Embaixador de Save  The Children   organizou a XII Carreira Quilómetros de Solidariedade.

O alumnado de infantil e 1º e 2º ciclo de primaria realizaron a carreira no parque Rosalía de Castro e o alumnado da ESO e 5º e 6º de primaria fixeron unha etapa que saíndo do colexio percorreu o paseo marítimo e varias rúas da nosa vila.

Desde o noso centro agradecemos a todo o alumnado e profesorado a participación na carreira solidaria e por suposto, á nosa atleta Paula Mayobre, madriña da carreira, por apoiar esta causa e acompañarnos durante todos estes anos.

Grazas tamén as familias por patrocinar coas súas aportacións esta causa, a deportes MARVI pola doazón das medallas, á policía local de Ares e a protección civil.

Calzar as nosas zapatillas e correr por unha causa solidaria merece a pena, porque moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar a vida das nenas e nenos máis vulnerables.

 

 

 

mércores, 1 de febreiro de 2023

CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

    Este curso, por primeira vez, a Xunta de Galicia organizou a través do programa XOGADE un campo a través intercentros no Estadio Municipal de Rioseco. A localización inicial era no piñeiral de Cabanas, pero o mal tempo impediuno. A pesar de todo dá gusto ver o resultado, como podedes comprobar no seguinte vídeo: 

   NA SEGUINTE LIGAZÓN PODEDES CONSULTAR A CLASIFICACIÓN: